Proxecto educativo

Proxecto educativo

"Educar a un neno non é facerlle aprender algo que non sabía,
 senón facer del alguén que non existía" (John Ruskin)

Esta etapa da educación ten como finalidade básica formar parte do desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos/as nenos/as dándolles a maior importancia a satisfacer ás súas necesidades fisiolóxicas, descanso, hixiene e alimentación.

A asistencia á escola infantil desde idades moi temperás permite aos/ás nenos/as desenvolver a súa personalidade, ampliar ás súas experiencias e favorecer as suas relacións sociais. 

A escola infantil é un espazo onde o/a neno/a medra, madura, quéreselle e valóraselle polo que é: UN NENO/NENA

En tan só 3 anos pasan de depender completamente dos adultos para ser autónomosDurante este proceso os/as nenos/nenas adaptan o seu ritmo biolóxico ás rutinas diarias, tanto da vida familiar como escolar. Nesta última é onde se lle ofrece a súa primiera experiencia de contacto fose do seo familiar, de pertencer a un grupo, de formar parte da súa sociedade. 

Estas experiencias teñen que integrarse no proceso educativo que ten que ser compartido por pais e educadores, coa maior concordancia posible. Neste proceso os/as nenos/nenas aprenden a coñecerse, a relacionarse cos demais (nenos ou adultos) a través das distintas formas de expresión e comunicación, a explorar e observar o seu medio natural, social e familiar.

Obxectivos:

A educación na nosa escola ten como base dous obxectivos xerais:
  1. Cubrir as necesidades fisiolóxicas dos/as nenos/as: hixiene, descanso e alimentación.
  2. Proporcionar ó/á neno/a un ambiente feliz, cálido e seguro onde desenvolver os seus coñecementos e aprendizaxes. Para que estas dúas finalidades se cumpran fixamos unha serie de principios enmarcados nas áreas do currículo de Educación Infantil.
    1. A felicidade do noso alumnado é un dos principios que rixe a nosa forma de traballo, facendo que disfruten ó máximo no centro.
    2. Apostamos por unha metodoloxía activa, participativa e global, onde o punto de partida é o interés do neno/a e a súa experiencia no contexto máis cercano no que no xogo ten absoluta importancia no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
    3. Pretendemos que adquiran un nivel de competencias adecuado, acorde coas necesidades dos diferentes entornos nos que se desenvolve.
    4. A educación psicomotriz é outro pilar, xa que a través desta o neno toma conciencia do seu propio corpo e das súas necesidades en relación ó seu entorno e ós seus iguais para mellorar a súa autonomía facéndose cada vez máis independente do adulto.
    5. Fomentamos os valores de convivencia como respeto, compañeirismo, esforzo.
¿Qué facemos para logralos?

Para que os nenos consigan os principios anteriormente mencionados propoñemos os seguintes principios metodolóxicos:
  1. O xogo, é a principal actividade. Tódolos aprendizaxes teñen un carácter lúdico, ademáis de ser estimulantes, atractivos e coherentes coa súa etapa.
  2. Traballamos mediante a estimulación temperá, é decir un programa no que o neno recibe ás súas aprendizaxes a través dos seus sentidos, potenciándoos. Faise de manera individual para así adicar a cada neno toda a atención.
  3. O tempo que permanecen os nenos na escola está organizado do mellor xeito posible respetando sempre ás súas necesidades. Os nenos combinan a súa estancia en espazos con outros de descanso, xa que é importante que o neno experimente momentos de relaxación a parte das súas sestas diarias.
  4. A xornada planifícase en rutinas, como a asemblea, a actividade diaria, a alimentación, o descanso. Estas rutinas fanse sempre igual porque lle serven ós nenos para interiorizar o concepto de tempo.
  5. Unha boa organización do espazo é fundamental para que os nenos desenvólvanse libremente pola aula.
  6. Ás educadoras serven de modelo ó/á neno/a por eso realizan tódalas actividades con eles, prestándolles axuda en todo o necesario e motivándoos de forma activa. Isto aporta ó neno confianza e seguridade.
  7. As aprendizaxes son globalizadoras e guíanse mediante un proxecto didáctico con fichas, cancións, xogos…
  8. A participación da familia é fundamental na escola. É fundamental que pais, nais e escola manteñan unha estreita relación e colaboración, xa que a educación depende de ambas partes. Ten que existir unha continuidade entre o que fan os nenos na escola e o que fan fóra dela. Isto lograse mediante a comunicación diaria a través da axenda, reunións periódicas e titorias. (poñer unha rutina). 
Share by: